Balbina está preocupada porque Miro que fala cada vez peor, está a espanta-la clientela e ameaza a Antón con non lle dar de comer no bar nunca máis si non ensina a Miro a expresarse con corrección.
Por outro lado, todos están agradecidos ó padre Nicanor pola axuda que presta desinteresadamente ós fregueses e queren facerlle unha festa sorpresa. Este que non sospeita nada e agobiado por unha persistente dor de estómago, pensa que falan en segredo da súa mala saúde.
Antón convence a Miro de que ten que mellora-la súa forma de falar e ó ve-los progresos que fai deciden que sea Miro quen faga o discurso en honor do sacerdote. Mentres tanto, Antón ten que buscarse a vida para comer de gorra na casa dos Barreiro porque Balbina deu orde no Suizo de que non lle sirvan comida ó seu irmán.