Tras leer un libro de extraterrestres, Tuto e Paspallás están convencidos de que Miro é un alieníxena. Os dous van ó Bar Suizo a estudialo comportamento de Pereira e intentan convencer a Mónica e Antón da veracidade das súas sospeitas. Pola súa parte, Balbina marcha á casa da aldea a axudar á señora Carmen que está a organizar unhas xornadas gastronómicas. Aproveitando esta situación Antón converte o bar Suizo no bar Marciano pensando que esto atraerá moita clientela. Pero a idea fracasa e niguén visita o bar.