Miro e Balbina teñen mil euros aforrados que ela quere dedicar á compra duns electrodomésticos e a facer unhas reformas na casa da aldea; pero Miro aconsellado por Antón, prefire gastalos nunha viaxe a Mallorca. Os dous intentan engañar a Balbina, dicíndolle que lles tocou a viaxe ó mercar uns champús; fanse pasar polo dono da marca nunha conversa telefónica con Balbina, que os descubre gracias ó padre Nicanor. Por outro lado, Paula Barreiro, a filla do avogado, prepárase para un casting, axudada por Tuto e coa oposición do seu pai.