O padre Nicanor e Paspallás son ascendidos nos seus trabllos e pasan polo bar Suizo a comentalo con Miro, quen en vez de alegrarse por eles sente unha profunda envexa e pide axuda ó seu cuñado para encontrar un traballo mellor. Antón conséguelle un posto de xefe de catering marítimo pero como non podía ser doutro xeito, todo resulta un desastre. Por outro lado, pasa polo bar unha importante restauradora que quere levarse a Mónica a traballar ó seu negocio e faille, para desesperación de Balbina, unha suculenta oferta que a rapaza está a piques de aceptar. Tamén o avogado Barreiro ten unha oferta laboral que lle obligaría a abandonar Galicia, situación que o enfronta coa súa filla que pensa que o diñeiro non é todo na vida polo e intenta convence-lo seu pai para que a rexeite.