Paula, Pedro e Roi, ultiman os preparativos da viaxe que vai face-lo fillo do avogado a Liverpool. Miro e Antón descubren polo periódico que un inspector europeo está a visita-las casas de turismo rural, así que Balbina e Mónica marchan á aldea para axudar á señora Carmen a prepara-la casa Pereira. Convencen a Mónica, para que consiga información sobre o inspector a cambio de cartos. Por outro lado, Paspallás rouba do bar un ordenador portátil que o avogado Barreiro deixou esquecido e véndello a Antón para que este suborne ó inspector europeo. Miro e Antón, envían a Mónica á casa de turismo rural, para que obsequie ó inspector co portátil, pero ela confúndese de persoa e entrégallo a un electricista que está a facer unhas obras na casa. Mentres tanto Balbina averigua pola súa conta que a casa Pereira foi seleccionada para a Guía Europea.