Aparece un funcionario do concello que retira a placa da rúa do bar Suízo e anúncialles a todos que lle van cambia-lo nome. Nicanor comenta que o alcalde está disposto a escoitar propostas dos veciños e todos queren face-la súa. Mónica e Balbina dispóñense a recoller sinaturas para que lle poñan á rúa un nome de muller. Miro pensa que a rúa debe leva-lo seu nome e pídelle axuda a Antón; os dous mandan unha carta cunha proposta ó concello. Mentres tanto, Roi intenta convence-lo seu pai de que lle deixe marchar a Liverpool a facer un curso de verán. Miro, a súa vez, recibe unha carta do concello rexeitando a súa proposta, pero ofrécenlle poñerlle o seu nome a unha nova avenida que se está a construir: el acepta. A avenida resulta se-lo camiño que leva a un vertedoiro.