Antón decide pedirlle a Gutiérrez un aumento de soldo que este non lle concede. Miro, pola súa parte, ve diminuí-los seus aforros na conta, debido ás comisións que o banco lle aplica. Paspallás, síntese incapaz de afronta-lo pagamento do creto da furgona. Os tres, agobiados por problemas económicos, deciden atraca-la sucursal da Caixa na que traballa Antón. "O golpe" como non podía ser doutro xeito, resulta unha chapuza. Por outro lado, o padre Nicanor busca desesperadamente nenos para formar un coro na igrexa, pero éstes non aparecen porque prefiren xogar ó fútbol. A Balbina ocórreselle que o cura podería atrae-los nenos á igrexa regalándolles cromos de futblistas e consegue que Gutiérrez, o director da Caixa, faga unha doación á igrexa de tres mil cromos.