Miro consegue aforrar 5000 euros levando a cabo o que el chama "control de gastos do bar" que en realidade é comportarse de xeito mezquiño cos clientes e deixar de paga-la Seguridade Social de Mónica. Balbina, que non sabe nada, está contenta cos cartos e decide destinalos a arranxa-lo muro de pedra da casa da aldea, ata que se entera polo Padre Nicanor de que lles ven enrriba unha inspección de traballo. Mentres tanto, Pedro Barreiro entretense na súa faceta de pintor copiando un cadro de Miró dunha revista. Miro recibe unha notificación anunciándolle a visita dun inspector da Seguridade Social para falar da débeda que ten con eles por deixar de face-la cotización de Mónica. Pedro lévalle o cadro que pintou a Antón como agasallo, e a este ocórreselle que pode falsifica-la sinatura e facelo pasar por auténtico, desta maneira Miro poderá afronta-la débeda coa Seguridade Social pagando "en especie". O perito da Seguridade Social pensa que o cadro é auténtico pero roubado e aparece con do