Balbina pídelle a Miro que lle axude a súa nai a plantar unhas árbores na casa de turismo rural, pero, como este non accede, Pedro debuxa o mapa dun tesouro que parece  estar agochado no xardín da casa da aldea. Miro e Antón marchan para alí convencidos  de que poden facersericos e, mentres buscan o tesouro, van facendo os buratos para as árbores. Paspallás recibe unha notificación de embargo da súa furgoneta por non pagar un crédito que lle debe á Caixa. Balbina decide organizar unha comida con todos os compañeiros da escola de cando ela e mais Gutiérrez eran nenos, para convencer a este de que lle perdoe a débeda a Paspallás ou que se enfronte á vergoña de levar a cabo o embargo diante de todos.