Antón recibe unha carta anunciándolle unha inspección de facenda. Nervioso coméntalle o seu problema a Gutiérrez, quen lle aconsella que se faga o enfermo; pero o inspector ofrécese a visitalo na casa. Antón decide facerse pasar por un viúvo con dous nenos, Paula e Roi, e cunvello enfermo e medio tolo, Miro, ao seu cargo. Antón dalle ao inspector o enderezo dos Barreiro como se fose o seu propio e traslada todos os enseres caros do avogado ao seu apartamento para aparentar que vive na pobreza. Pero son descubertos in fraganti por Pedro e Balbina, xusto no momento en que aparece o inspector.