Pedro Barreiro aparece no xornal como "mellor avogado do ano", tras ser escollido polos seus veciños nunha votación popular, e decide celebralo cunha comida na Casa de Turismo Rural. Por outro lado, descóbrese en Miro Pereira unha estraña habilidade para prognosticar o tempo a través de molestias e síntomas que sente no seu propio corpo. Antón vai comer ao Suízo cun empresario de TV, cliente da Caixa, quen queda encantado con Miro e contrátao inmediatamente. Pereira debuta na Tv local e faise moi popular, todos están pendentes das súas prediccións ata que mete a zoca, e estraga os plans de todos prognosticando sol no día que máis vai chover do ano.