A familia Barreiro leva tres días sen auga na casa e non conseguen atopar un fontaneiro.Por outro lado, no Bar Suízo, Miro prepara unha viaxe a Asturias para ir de pesca con Antón, pero Balbina non quere que vaia porque pretende empregar os cartos desa viaxe en reparar o pozo negro da Casa de Turismo Rural.   Miro e Antón inventan que un cliente agradecido lle regalou a Miro uns pozos de petróleo en Venezuela e todos lle fan a rosca pensando que é millonario. Para facer a historia crible, contratan un amigo de Paspallás que fará de falso notario e que logo resulta ser o fontaneiro que vai arranxar a avaría da casa de Pedro Barreiro, quen descobre o engano.