Miro, que está totalmente hipocondríaco, acode coa señora Carme á consulta do doutor Pampillón. Marcha de alí convencido de que lle quedan soamente quince días de vida ó escoitar unha conversa entre este e a súa nai. Decide entón buscar un marido para Balbina e fai testamento deixándolle o bar Suízo ó seu cuñado Antón, no despacho dunha notaria. Charo ultima os preparativos para a súa marcha cara Alemaña, e Balbina organiza un xantar de despedida na Casa de Turismo Rural.