Antón fala de matrimonio con Charo pero ela segue pensando en marchar a Alemaña, convencida de que el só pretende conserva-lo apartamento no que viven. Balbina intenta calma-la relación entre os dous mentres prepara unha festa de despedida para Charo no Suízo. Mentres o padre Nicanor está a organizar un rastro benéfico no que tódolos veciños do barrio colaboran doando os seus trebellos.