Paula, a filla do avogado veciño, con aspiracións de actriz, vai actuar en Santiago nada menos que xunto á veterana Concha Velasco, un feito que vai suscitar a expectación de case todos, pois Miro e Antón prefiren ver o partido de fútbol, transmisión que coincide á mesma hora que a función. Esta elección de Antón fai reflexionar a Charo sobre se é o fútbol o maior interese do seu mozo, admirando a Pedro pola súa sensibilidade por cousas máis elevadas, coma a arte, a música ou a poesía. Esta admiración de Charo pola cultura faille pretender estar á altura das circunstancias, intentando pasar por unha persoa culta, pero cando están na festa do bar Suízo tras ver a función de Paula, e Charo intenta confesarlle a Pedro que en realidade non ten esa cultura, este non a pode escoitar porque está conectado co partido de fútbol.