Miro e Balbina asisten a unha reunión de pais no colexio, na que os animan a axudar ó seu fillo Miguel nos estudios. Miro nunca estivo moi forte en Matemáticas, pero suborna a un compañeiro moi aplicado do seu fillo para que lle permita copia-los deberes e presumir diante de Migueliño de home sabido. A corruptela complícase e Miro descubrirá ó final que está pagando por coñece-los deberes do seu propio fillo. Miro concluira que proceder honradamente é mellor e máis barato.