“Pescadores de historias” lévanos a Laxe, un porto que se enfronta á bravura do océano Atlántico. O elemento central desta vila, tanto no económico como no humano, é o peixe, polo que, que haxa ou non, inflúe moito aínda que estean afeitos a esta continxencia. X.H. Rivadulla preséntanos os irmáns Manolo e Raúl Vilar, que compaxinan a actividade mariñeira coa percebeira. Manolo é patrón maior de Laxe e ambos encarnan moi ben o que é a forma de ser da xente mariñeira da Costa da Morte. Tamén vivimos unha poxa na lonxa con Carmen Arnosi, unha peixeira moi “moderna” que envía por WhatsApp aos seus clientes fotos do peixe que merca. Outro dos protagonistas é Tino Lema, patrón da lancha da Cruz Vermella, que traballa nunha costa moi perigosa para a navegación e a actividade pesqueira, onde os mariñeiros moitas veces pescan en condicións adversas e ao límite. O programa non pode rematar sen comer peixe frito no Bar “A casa do pescador”, onde actúan José Manuel Toja “Piticas” e Jesús Mari