Rivadulla Corcón diríxese cara a Mugardos. Hai quen di que os produtos dos mares de Galicia teñen tanta calidade que non deben disfrazarse os seus sabores, e así é, pero ás veces a sabedoría popular acerta en elaboracións que no canto de disfrazar os sabores o que fan é potencialos, como fai co polbo a receita tradicional do polbo á mugardesa. “Pescadores de Historias” inicia a visita a Mugardos comendo polbo á mugardesa coa patroa maior Teresa Carnero. Teresa é mariscadora e fala da importancia do polbo para este porto, onde o marisqueo tamén é un recurso moi importante. Quen o pesca é Suso Pérez, que o captura con nasa. Da receita tradicional falan con Susana Carrodeguas e Ángeles Portela, da Posada del Mar, que levan uns 25 anos cociñándoa.Do festexo que se fai ao redor do cefalópodo o programa conversa con Tona Bastida, do grupo de nove mulleres fundadoras da Asociación Anduriñas 9, que empezou a organizar a festa. Paco Rañales segue pescando o polbo ao xeito tradicional, con garab