O primeiro capítulo de “Pescadores de historias” lévanos a Portonovo, onde os veciños son expertos pescadores, saben como preparar e cociñar raia e mesmo teñen unha festa dedicada a este singular peixe. O programa visita a confraría de pescadores para conversar co patrón maior, José Antonio Gómez, que fala dun peixe que, non sendo a especia máis capturada neste porto, é a máis importante. X.H. Rivadulla Corcón conversa cun experto na pesca da raia, Pacucho González, agora retirado, quen conta como se captura, xa que tradicionalmente se facía co palangre e, a día de hoxe, coa arte dos miños. Para saber como se prepara, o programa está coa peixeira Piliña Gómez, que rexenta un posto na praza de abastos de Portonovo. O segredo é cociñar a raia coa pel para que lle dea sabor, pero primeiro hai que rascala cun cepillo. Para cociñar este peixe préstase a redeira María Jesus Aguín, que ten un restaurante que abre só na época de verán. Coñecemos a primeira muller que traballou de cociñeira