A traiñeira é hoxe unha embarcación deportiva para regatas, pero naceu como unha embarcación pesqueira, en que se empregaba a arte, xa en desuso, da traíña, de características similares ao cerco. No porto de Moaña existe unha gran tradición de regatas de traiñeiras. “Pescadores de Historias” inicia a busca das esencias mariñeiras das traiñeiras no barco bateeiro en que traballa un dos deportistas con máis trofeos da historia do remo, Nando Rúa, que competiu cos clubs Samertolameu e Tirán e logo remou no Astillero de Cantabria e no Ondarribia de Euskadi. Actualmente está retirado como remeiro, pero segue vinculado a este deporte coma adestrador do Club de Remo de Cangas. Remeiros que tamén traballaron no mar son Fernando Malvido e Pepe Costa, que contan como cambiou este deporte, especialmente polos materiais cos que están feitas hoxe as embarcacións e os remos. X.H. Rivadulla Corcón tamén fala con Sonia Boubeta, pioneira do remo feminino en Moaña, que comezou moi nova e acadou campion