Un dos recursos mariños máis destacados no porto de Aldán é o mexillón que se cría en bateas. Desde este porto traballa algo máis dun cento de bateas, o que indica un volume importante de xente realizando un traballo singular dentro do que son os oficios do mar. O equipo do programa atópase no porto de Aldán con Lola Domínguez, hoxe xubilada, que traballou de bateeira, e embarca con Crisanto Marcelino para ir a unha das súas bateas e ver o proceso de desove do mexillón. X.H. Rivadulla Corcón tamén fala con Orlando Piñeiro, que traballa na batea desde hai 23 anos, e con Alfonso Sotelo, un bateeiro con máis de 30 anos neste traballo e que coñece moi ben a evolución deste oficio nas últimas décadas, en que foi considerable a incorporación da maquinaria ao traballo. Outro dos protagonistas do programa é Gustavo Marcelino, un bateeiro de terra que traballa no cocedoiro de “Pescados Marcelino”. Como é habitual, a gastronomía e a música son dous dos ingredientes destacados do programa, que de