O programa visita a illa de San Simón, na parroquia de Cesantes, centro monástico na Idade Medía e hoxe Ben de Interese Cultural. É, sobre todo, lugar vizoso para pescar coas artes do xeito, as nasas do choco, ou marisquear a flote e a pé.  Traballando a arte do xeito, encontramos a Miguel Ucha, que leva xa máis de 20 anos traballando nesta zona para coller exclusivamente sardiña e xouba segundo a época. O patrón maior Clemente Bastos condúcenos á reserva natural para a cría do choco. Alberto Pereira traballa nas augas da illa no marisqueo a flote: fundamentalmente ameixa, pero tamén se colle berberecho que neste porto chaman croques. Alicia Álvarez e Merchi Iglesias traballan o marisqueo a pé, en poucas épocas do ano, para poder preservar a zona e acadar ameixa de máxima calidade. Traballan tamén no berberecho e no longueirón, que en Cesantes recibe o nome de carallote. Manuel García e Jorge Urcera dannos unha visión científica das augas de San Simón. Son dous biólogos mariños que e