Na vila lucense de Ribadeo está a orixe da cultura mariñeira galaico-asturiana. Rivadulla Corcón fala cun matrimonio formado por un mariñeiro de Galicia, José Ramón Fra, e unha percebeira de Asturias, Consuelo Joglar. Xa xubilados, contan a historia de amor co mar como protagonista. Diego García é outro mariñeiro asturiano que, a pesar de ter só 32 anos, xa leva 14 traballando como profesional xunto ao seu pai, oficio que se transmite de xeración en xeración na súa familia. Para xantar, os produtos da ría o “Pescadores de Historias” está en Mirandilla de Rinlo, onde cociña David Rodríguez. Prepara salmonetes e choco, moi representativos desta ría. E na mesa xúntanse os mariñeiros de ambas as dúas bandas para facer visible a fraternidade mariñeira.