Os 'Pescadores de Historias' van ao encontro dos percebeiros que traballan nas rochas ancestrais da costa de Cariño. Nesta zona, onde se atopan os cantís máis altos de Europa, traballan 60 percebeiros, homes e mulleres que gañan a vida cun esforzo épico, un traballo moi arriscado en que non poden descoidarse nin un segundo, xa que pode ser fatal para as súas vidas. Aquí traballa desafiando as ondas Juan Carlos Pardo, que ademais é o patrón maior. Conta que o máis peculiar desta zona é que, ao ser de cantís tan pronunciados, non se pode traballar por terra, só por mar. En Cariño estase a incorporar xente moi nova ao traballo de percebeiro, como é o caso de Eloy Lago, que, xunto a Juan Carlos Pardo, convida o equipo do programa a ver como é o seu traballo nun dos lugares de extracción do percebe máis arriscados de Europa, os Aguillóns do cabo Ortegal, a formación rochosa máis antiga do vello continente.Gustavo Alonso, un percebeiro con moitos anos de experiencia, fala do enorme orgullo q