A Coruña sabe de mar e sabe a mar, como península penetrada polo poderoso Atlántico, que aquí bate con forza, como ben saben os percebeiros que gañan a vida pelexando co mar. Estes profesionais traballan en diferentes zonas coma a de Suevos, en Arteixo; o faro de Mera, en Oleiros, e, fundamentalmente, as pedras da Rabaleira, o Gaivoteiro, o Boi, o Becerro e moitas máis na Torre de Hércules. Nestas pedras Xulio Montero foi facéndose un sabio percebeiro, a pesar de que aínda é un home novo. Outro percebeiro de longa experiencia é Miguel Pérez, que comezou moi novo neste oficio. No porto de Suevos, “Pescadores de Historias” fala con Miguel Illanes, que leva pouco máis dun ano ao percebe e que antes traballaba no mar ao aparello e coas nasas. De volta na Torre de Hércules, o programa conta co testemuño de Chano Pérez, que fala das pedras que rodean esta península e explica como hai que escapar cando golpean as ondas. Na dársena da Coruña, un enclave moi representativo do mundo do mar cor