O porto emblemático de Malpica, na Costa da Morte, estivo baleiro en séculos pasados, pero recuperou a actividade arredor da pesca do xurelo. Para coñecer esta zona de preto, X.H. Rivadulla Corcón percorre o mar de Malpica con Fernando Bardanca, patrón do cerco, e a súa filla Natalia, que ten 13 anos e xa apunta maneiras, xa que nun futuro lle gustaría traballar no mar e ser patroa de pesca. Tamén está con David Platas, que con trinta anos é patron nun barco do cerco e fala do mar coma un vello mariñeiro, xa que seu pai leva traballando de patrón toda unha vida e transmitiulle a súa sabedoría.  Coñecemos as peixeiras Pilar Blanco e Pilar Pérez na peixería “As Pilaras”, e a Teresa Villar , que ten o seu posto na praza desde que abriu aínda que antes xa vendía peixe polas rúas de Malpica. Na lonxa traballa Carlos Chouciño, que deixou a vida de mariñeiro para facer as poxas do peixe e do marisco. E fronte ao mar, vendo desde as xanelas as illas Sisargas, atopamos a Tita Rojo, agora no re