“Pescadores de historias” recolle a singularidade da Illa de Ons, onde agora viven só dúas familias, pero que deixou unha fonda pegada en todas as persoas que naceron nela.X.H. Rivadulla Corcón conversa con Cesáreo Pérez e Victoria López, un matrimonio que fixo toda a súa vida na Illa. Os seus fillos e netos viven, con todo, en Bueu, coma outras persoas que deixaron Ons, na maioría dos casos, por cuestións de traballo e que conservan as súas casas alí  É o caso de Susi Otero, que preside a asociación de veciños, aínda que vive en Vigo. O programa tamén escoita o testemuño, vía Skype, de Josefa Otero e Staffan Mörling, un estudoso da cultura mariñeira de Galicia, que recorda o seu paso por Ons como a época máis feliz da súa vida. Da cultura illá, e especialmente das súas manifestacións musicais, tamén fala a pandeireteira María do Caño, que recuperou numerosas cantigas populares canda o músico Guillerme Costa, con quen interpreta algunhas das pezas.