As fábricas de salgadura foron determinantes na vida do Grove e de toda a comarca do Salnés. Na vila atópanse recuperados os edificios de dúas antigas fábricas de salgadura, emprazadas en Punta Moreiras. Estes edificios rehabilitáronse e instalouse neles o Museo da Pesca e da Salga, como un espazo dedicado amplamente á cultura mariñeira do Grove, inaugurado en 2007. Rivadulla Corcón conversa co seu director, José Luis Escalante. A posta en marcha do museo foi un interesante proceso, do que falan Miguel Pérez, alcalde do Grove naquela época, e na actualidade presidente da Asociación de Amigo das Salgadeiras de Moreira, e Manolo Ochoa, que era o presidente da Comunidade de Montes.  Á salgadura precédea o traballo do mariñeiro no mar, pescando o peixe que logo se vai salgar, así que se fala con Pepe Fontoira, mariñeiro que coñeceu ben a época da salgadura. Outros convidados involucrados neste proceso son Paco Fuentes, un traballador das antigas fábricas de salgadura; Antonio Lois e Estr