O barco é o obxecto central da cultura mariñeira. E ten detrás moito traballo, como o que se desenvolve nos estaleiros e carpinterías de ribeira. O programa visita en Bueu o estaleiro da Banda do Río, hoxe pechado, onde se construían barcos desde a década de 1920 ata 2003. Foi recoñecido como Ben de Interese Cultural e vai ser reconstruído para que unha parte da historia do mar de Galicia volva ser presente. O equipo de “Pescadores de Historias” sae navegar no Playa de Covelo, o último barco feito no estaleiro de Bueu. O seu armador e patrón e José Manuel Agulla e nel sae pescar todos os días. A asociación Os Galos, que se centra na cultura mariñeira e, en especial, nas embarcacións tradicionais, é un colectivo que traballou con esforzo para que o coñecido como o estaleiro de Purro non se perdera para sempre. O presidente dos Galos, Víctor Rodríguez, amosa a súa enorme satisfacción pola rehabilitación do estaleiro. Ademais, a concelleira de Bueu Silvia Carballo explica por que é tan