Os 'Pescadores de Historias' están no Muro, un dos símbolos máis duradeiros no tempo da cultura mariñeira coruñesa. É como se denomina a lonxa nesta cidade xa desde tempos moi antigos, cando só había un espazo aberto para vender o peixe. A actual lonxa da Coruña é unha nova edificación que comezou a operar en 2004. Nela traballan diariamente máis de 3.000 persoas e venden o seu peixe 170 barcos de altura e baixura, cun movemento anual de 40.000 toneladas de peixe e marisco fresco. Pero, sobre todo, o Muro da Coruña é o espazo central da historia desta cidade. Os 'Pescadores de Historias' falan con Sonia Revert, que leva xa tres décadas traballando na lonxa e actualmente é a presidenta do colectivo de poxadores. Un extraordinario coñecedor da vida que ferve no Muro é Nacho Iglesias, que, como xefe de cancha, organiza o traballo, asegurándose de que todo está correctamente disposto para que nada poida fallar. X.H. Rivadulla Corcón acompaña a Serafín Mourelle, figura de referencia na p