Pontevedra é unha das cidades con máis personalidade de Galicia. Aínda que non se pense moito na cidade do Lérez como enclave pesqueiro, o mundo do mar tamén a dota de singularidade. O marisqueo é a actividade máis destacada desta ría e del fala o patrón maior, César Rodríguez, quen destaca que a especie que máis se colle, tanto a flote como a pé, é a ameixa babosa. Na ribeira traballa Peregrina Muñiz, que leva gastados moitos rastros e ganchas. Próxima á xubilación e a pesar das ganas de chegar ao tempo de descanso, sabe que vai botar de menos o traballo. No posto de control tócalles hoxe traballar a Marina Buceta e Chus Lorenzo. As dúas forman parte da directiva da asociación de mariscadoras, que cada día se alternan para facer o traballo de control do peso e as tallas da ameixa e a súa clasificación por tamaños para ser vendida na lonxa.  Rivadulla Corcón embarca para coñecer o marisqueo a flote con Daniel Balea, mariñeiro apaixonado polo seu oficio, con experiencia na pesca de