X. H. Rivadulla Corcón fala da arte da nasa desde o porto de Espasante. Englóbase dentro das artes menores, na pesca artesanal de baixura, é unha arte de fondo, que funciona como unha trampa, e se utiliza practicamente en todos os portos galegos. A súa orixe pérdese no tempo, pódese dicir que leva séculos utilizándose, sen variar practicamente a súa forma, co que a súa eficacia está avalada pola súa permanencia no tempo. Espasante é porto esencialmente percebeiro e de naseiros. O equipo de “Pescadores de Historias” sae ao mar co patrón maior José Luís Martínez, que vai á nécora, especie que se captura sempre con nasa. José Romero e o seu fillo Sergio arman as súas propias nasas. É algo habitual que os propios mariñeiros constrúan eles a nasas coas que traballan, ou polo menos que as reparen cando teñan algún dano. Con Alfredo Santiago falan ao seu regreso do mar, despois de ir ao polbo e con Leonardo Novo contemplan o esplendor da ría de Ortigueira, desde o punto máis alto da Serra d