O ourizo tivo sempre grande importancia nas costa de San Cibrao. Na derradeira década do pasado século comezou a recollerse baixo plans de explotación sostibles para garantir a supervivencia do recurso, e a divulgarse na Festa do Ourizo, para poñelo en valor.  Ángeles Miguélez, que traballa no Museo do Mar, explica os diferentes exemplares que alí se expoñen e amosa as características peculiares do ourizo, adaptado a todo tipo de incapacidades físicas, como a cegueira ou  á mobilidade reducida. Ademais, para coñecer máis da Festa do Ourizo, X. H. Rivadulla Corcón conversa coa concelleira de Turismo do Concello de Cervo, Manuela Méndez. Esta celebración naceu como unha iniciativa veciñal preparada polos empresarios da zona, pero nos últimos anos o Concello fíxose cargo da organización.  As cámaras do programa acompañan a Claudio López, da Asociación Folclórica Mistura, que ofrece o ourizo nas súas presentacións máis básicas, en cru e cocido, xa que son os restaurantes da vila os que s