“Pescadores de Historias” visita o Museo do Mar de Noia, aberto no ao 2011 e emprazado no edificio da antiga praza de abastos. Todas as pezas que amosa estiveron no seu día cumprindo a súa función no mar. Pero o máis importante é que transmite con paixón unha moi entrañable sensación de alma mariñeira. A persoa que dirixe o museo é Félix González, que desde moi novo andou no mar, sempre traballando en altura, e chegou a ser capitán de pesca en buques de gran tonelaxe. Sempre tivo a idea de facer algo en Noia que servise para poñer en valor a súa historia mariñeira e cando se retirou do mar puido materializar a súa idea poñendo en marcha o Museo do Mar. O centro conta con máis de 200 colaboradores, entre os que se encontran José Ramón Carreño, que andou ao mar e hoxe traballa na Escola Náutica de Ribeira, e Ángeles Rial, que traballa na rama sanitaria, pero que ten paixón polo mar por motivos familiares. O lobo de mar José Ons tamén é un activo colaborador do museo, que traballou no