“Pescadores de Historias” falará hoxe do Mar de María Antonia, que ten unha extensión considerable, xa que vai desde as illas Sisargas, fronte a Malpica, ata o cabo Prior, preto de Ferrol. Quen deu a coñecer que este mar se chamaba así foi o patrón do Gran Sol Serafín Mourelle, que coñeceu a muller que lle dá nome, a cal tiña unha tenda onde se abastecían os barcos da Coruña e onde compraban os víveres os mariñeiros. A tenda, que estaba na que hoxe é a rúa Juan Flórez, converteuse nunha verdadeira casa de acollida para os mariñeiros que traballaban nos barcos do porto da cidade herculina. E quen escribiu por primeira vez de María Antonia foi o escritor e músico Xurxo Souto, estudoso da cultura mariñeira de Galicia e autor do libro “Contos do mar de Irlanda”, en que fai mención a esta muller. O nome do Mar María Antonia segue vivo e os mariñeiros novos ségueno usando, como o percebeiro Xulio Montero, un home namorado dos seu oficio, que tamén é poeta, e que hoxe falará do que significa