O programa “Pescadores de Historias” visita esta semana un porto cunha importante cantidade de xente traballando o oficio do marisqueo: Vilanova de Arousa. Na súa confraría están rexistradas 78 embarcacións, en que traballan 144 homes e mulleres que capturan principalmente, ameixa, navalla e longueirón. A patroa maior, María José Vales, comenta a importancia do marisqueo para esta Confraría. O equipo do programa tópase tamén con Javier Rey, que explica a forma correcta de manexar o raño para coller a ameixa, e navega na lancha de Alberto Martínez e Manuel Piñeiro, que ás veces comparten embarcación para compartir gastos e acadar maior rendibilidade no traballo. No caso de Alberto, é mariscador desde antes de nacer, xa que a súa nai ía traballar estando embarazada.
Coñecemos as historias dun mergullador que vai á navalla e ao longueirón, un oficio ben distinto ao da ameixa: José María do Val, un pioneiro da captura deste marisco en Vilanova.
No restaurante Faro da Lúa, Óscar Casaldar