Portosín ábrese ao mar na ría de Muros e Noia, e aquí lévase pescando dende tempos inmemoriais. Hoxe a arte do cerco é a que máis define a este porto. Os mariñeiros de Portosín e todos os que se dedican ao cerco falan de que se trata dunha arte activa, onde o home ten que ir na busca do peixe, non esperalo, e intuír o seu comportamento para poder cercalo.Así o fan patróns moi novos, pero bos coñecedores do oficio, como Abel Carreño, que, con pouco máis de 30 anos, xa é un patrón que traballa con sabedoría. Empezou co seu pai, foi aprendendo o oficio ao seu lado, e axiña lle deixou o seu posto na ponte do barco. Outro exemplo de patrón novo é Eduardo Carreño, que, aínda que xa pasa dos 40 anos, vén dunha familia que leva dedicada moitas xeración a arte do cerco. No mesmo barco traballa Ismael Blanco, que vai de segundo patrón de Eduardo, e ten só 27 anos. Antes traballou de albanel e agora ten moi claro que non cambiaría o mar por ningún outro traballo, ata o punto que nos seus ideais d