O boliche é unha arte de arrastre artesanal, pode que das máis antigas de Galicia, que hoxe se traballa preto da costa en pequenas embarcacións, pero a súa orixe foi como unha arte que se traballaba nas praias, tirando do aparello un grupo de persoas, desde o propio areal.  A confraría de Raxó é a que máis embarcacións ten dedicadas a esta arte en toda Galicia, e disto fálase con Iago Tomé, o patrón maior. Joaquín Míguez acolle no seu barco ao equipo de “Pescadores de Historias” para explicar como se traballa co boliche. Unha combinación entre a arte do cerco e o arrastre, que tamén traballa Moncho Portela. A especie da que trae máis quilos é a lura, pero tamén trae algúns quilos de rincha e algún salmonete.  Sinda Casais é redeira e ata as redes do boliche, un traballo complexo, xa que, segundo explica, trátase dunha arte onde a rede ten partes distintas, entón para armala hai que estar moi pendentes de que todas as súas partes estean ben dispostas. E de como era o boliche cando se