O porto de Muxía creou unha cultura arredor do congro, coa súa pesca e curado. Iago Guisamonde, un mozo mariñeiro que traballa no barco Playa de Nemiña, no que se dedican exclusivamente á pesca do congro, explica como se realiza esta tarefa coa arte do palangre. Tonecho Paz, traballador da industria artesanal, fala da historia do congro curado, xa que a súa avoa, Rosa Rei, foi pioneira. Tonecho amosa todo o proceso de preparación do congro, que se pon a secar nas cabrias, unhas estruturas de madeira onde se colga para o secado. Rosa Soneira leva anos dedicándose á venda ambulante de peixe e X.H. Rivadulla mércalle un congro pescado polo seu home, Josechu Martínez, co que tamén conversa da vida no mar.  O programa non pode rematar sen ir comer o peixe protagonista deste porto e achégase ata a cociña de Titín Martínez, que é cociñeiro na actualidade, pero que hai anos traballou no secado do congro. Prepara dúas receitas cociñando o peixe ao forno e combinado con espaguetes. Coñecemos