“Pescadores de Historias” diríxese ao porto de Rianxo. A primeira parada é o Museo do Mar, onde Quique López conta a historia da Manuela, unha embarcación practicamente invencible a mediados do século pasado, cando os remos e o vento eran as principais forzas que movían unha embarcación e chegar aos caladoiros os primeiro era moi determinante para a pesca. Nesta época, a xeiteira Manuela destacou pola súa rapidez, pola súa fasquía e os bos remeiros, e foi empregada tamén nas regatas entre os portos da ría de Arousa. O museo da vila está composto por diversos obxectos que lembran as regatas e os trofeos desta lancha. Ramón Rodríguez foi remeiro na Manuela e conta no programa como as regatas eran acontecementos moi importantes en toda a ría de Arousa e o que significaba, como prestixio social, ser remeiro desta embarcación. Dela mesmo xurdiron as letras de varias cancións populares que se compuxeron sobre os seus triunfos. Ademais, X. H. Rivadulla Corcón fala cos netos de Ramón “O Catoi