“Pescadores de Historias” viaxa ata Lourizán, que ten unha alma mariñeira inmensa, en contraste co seu pequeno porto. Aquí o xeito de amar o mar está relacionado co amor pola lugar do mundo onde viven, para que siga sendo un enclave mariñeiro, especialmente marisqueiro. Homes e mulleres que non conciben a vida sen estar en contacto permanente, neste caso, co mar da a ría de Pontevedra. Para coñecer máis deste porto, o programa está cunha apaixonada polo seu mar, a patroa maior Mari Carmen Vázquez, que traballa de mariscadora e pon un enorme entusiasmo tanto no traballo no marisqueo coma exercendo de patroa maior. Leva 21 anos de mariscadora, polo que este mar de Lourizán non ten segredos para ela, e como patroa maior un dos seus retos é visualizar o traballo da muller no mar, xa que Lourizán é unha confraría onde traballan maioritarimente mulleres. X. H. Rivadulla tamén se encontra coa mariscadora María Eugenia Graña, que leva traballando desde moi nova. Ela viviu a evolución deste o