O equipo da serie documental “Pescadores de Historias”, que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón na TVG, diríxese cara ao porto de Marín para coñecer as experiencias dos mariñeiros que teñen que pescar lonxe da casa. O mar nunca tivo fronteiras para os nosos mariñeiros, desde sempre aventuráronse en todos os mares do planeta, algúns próximos como o Gran Sol, pero outros ben remotos como a Antártida. Alí desenvolven a vida afastados da familia. Hai unha historia épica nestes mares, pero tamén unha dura experiencia de ausencia. Este é  ocaso de Tinso Pouseu e Álvaro Paz, que pasan meses nas augas bravas do Gran Sol. Os dous son patróns de vacas do arrastre que pescan nas costas de Irlanda e Escocia. Manuel Nores sabe de mar máis que o propio mar. Empezou sendo moi neno, traballando ao xeito na costa de Marín e con 17 anos xa era contramestre en vacas do arrastre de vapor, na década dos 40, cando aínda non existían os motores. Tamén hai que coñecer a quen traballa en terra para a pe