“Pescadores de Historias” achégase ata Vilaboa, que é a confraría de máis recente creación de Galicia: naceu en 2012, pero a súa actividade pesqueira e marisqueira xa vén de moito tempo atrás. A actividade mariñeira desenvólvese no porto de Santa Cristina de Cobres, fronte á Illa de San Simón, na ría de Vigo. Na zona marisqueira de Deilán traballa a patroa maior Mari Carmen Cortegoso, que leva no cargo só tres anos. X. H. Rivadulla Corcón tamén fala cunha das mariscadoras máis veteranas, Mari Luz Fernández, que comezou con nove anos indo a axudar a súa nai no marisqueo, logo traballou nunha depuradora de marisco e como bateeira, pero dende hai 30 anos traballa exclusivamenteno marisqueo a pé.Esta é unha confraría onde se está producindo a remuda xeracional, entrando xente nova a traballar. Un dos novos mariscadores que hai pouco que empezaron é Cristian Casal, que ten 25 anos e leva só dous no marisqueo, pero xa parece un experimentado no seu labor. Nesta xeración tamén se encontran Án