A Arousa, como din os nativos, está unida á terra por unha ponte que ten só 33 anos. Polo tanto, unha porcentaxe alta da súa poboación actual vivía xa cando non había ponte e para ir fóra da Arousa había barcos regulares de pasaxe, cunha historia moi ligada ás historias persoais dos veciños e veciñas. Existían liñas regulares que ían a Vilanova, pero tamén a outros portos como Ribeira e Vilagarcía, con barcos xa míticos na memoria colectiva da Arousa, como o Marita ou o Ría de Arosa. Como non se pode falar con todos os veciños da Illa, o programa “Pescadores de Historias” ofrece testemuñas representativas como a de Wenceslao Chaves, que construíu unha maqueta moi especial do “Ría de Arosa”. No peirao do Cabodeiro, onde atracaban as motoras de pasaxe, o programa atópase con Lola Folgar, que viaxou moito nestes barcos. Moncho Blanco vivía fronte ao peirao onde atracaban e isto foi determinante na súa vida. Pola súa parte, Gonzalo González foi tripulante da última motora que realizou o se