As zonas “percebelleiras” de Cedeira son das máis complexas en que se traballa en Galicia. En San Antonio e Punta Candieira traballan en condicións extremas máis de 50 homes e mulleres, que viven con moita naturalidade os perigos do oficio porque levan no ADN un sentimento de paixón “percebelleira” (a forma dialectal coa que se denominan os percebeiros desta zona) que os fai moi especiais. Serxo Cés é un dos “percebelleiros” máis singulares e ademais forma parte do grupo de música galega Os Cempés. Vive plenamente as dúas dimensións, xa que son ambas unha forma de entender a vida. Con Serxo traballa Ángeles Cribeiro, para quen ser “percebelleira” implica unha independencia na súa vida. O home de Ángeles, Antonio Díaz, xubilouse hai pouco, pero non pode afastarse do mar e sempre que pode acompaña a Serxo e a súa muller porque viviu con moita paixón o seu oficio. Outro dos protagonistas do programa, Pepe Tojeiro, é o “percebelleiro” que leva máis anos en activo en Cedeira, con máis de