O porto do Carril é famoso pola súa boa ameixa, grazas a un sistema exclusivo, os parques de concesión, cunha tradición que se remonta moitos séculos atrás. X.H. Rivadulla Corcón sae ao mar con Lolita García e o seu fillo Cristian Brea para coñecer o seu parque e o traballo que realizan nestas parcelas, coma as leiras en terra, onde cada propietario recolle a súa propia ameixa, sen que haxa cotas de recollida establecidas, senón que se regulan polo propio mercado, recollendo segundo vaian os prezos na lonxa. O marisqueo tradicional e o sistema dos parques ten moito en común e hai quen traballa os dous sistemas, como Rita Vidal, Guadalupe Jueguen e Inma Otero, que explican as similitudes e diferenzas. Pola súa parte, Ramón Trigo fala de como se traballaban os parques hai medio século, cando el xa facía ese labor, e o seu fillo, co mesmo nome, conta o que supón para el formar parte dunha tradición importante na familia, xa que é costume que os parques pasen de xeración en xeración. Outro