O porto de Corme é mar de percebeiros que souberon universalizar a Pedra do Roncudo e o seu percebe, pero é tamén mar de pescadores e de navegantes. Para coñecer máis deste lugar, o equipo do programa reúnese cos percebeiros Manolo Suárez e Mari Carmen Suárez, que contan os tipos de percebeiros que se poden encontrar: os que van sempre por terra e os que van en embarcacións, que son os que extraen o percebe que se atopa na Pedra do Roncudo. X. H Rivadulla Corcón tamén conversa con Roberto Vidal, que é mariscador pero tamén vai ao percebe, e as redeiras Rosa Rodríguez e María Jesús Veiga, que complementan o seu oficio coa confección de pezas de artesanía: bolsos, colares, pulseiras, broches e adornos para o fogar. Antón Vidal deseñou o monumento dedicado aos percebeiros. Encóntrase no paseo do porto da vila e homenaxea os homes e mulleres que practican este oficio, pero tamén o propio percebe. Por último, e xa para xantar, o equipo do programa entra na taberna mariñeira “A Brincadeir