“Pescadores de historias” desembarca no Grove para darnos a coñecer unha das artesanías máis singulares de Galicia, a das colareiras, que elaboran xoias e outros complementos con cunchas do mar. O programa percorre a historia desta arte dende a primeira muller que  empezou a coselas para facer un colar ata os deseños actuais. Pepita Prol representa unha xeración de mulleres que facían estas pezas nos anos sesenta e que tiveron que librar unha dura loita coas autoridades para conseguir que as deixasen vender. Ese foi un dos primeiros pasos de cara ao recoñecemento dunha actividade que xurdiu para complementar a renda das familias mariñeiras, e que evolucionou ata conseguir que as súas xoias teñan agora un alto valor estético. X.H. Rivadulla Corcón conversa con Montse Betanzos e a súa nai Socorro Cacabelos, e conFlora Mouriño e o seu fillo Lucas García, como expoñentes desta colarería revalorizada.