“Pescadores de historias” visita o porto de Lira, no concello de Carnota. Alí está Andrés Domínguez, que sae á pesca de maragota e pinto, moi bos peixes da zona xa que se crían nos fondos rochosos desta costa. Non obstante, isto tamén fai que sexa unha captura perigosa, por ter que arrimar tanto os barcos ás rochas. O programa tamén estaá coa peixeira Mari Carmen, que vende polas estradas de Carnota e di que este oficio hoxe é máis difícil pola competencia de venda ambulante. Esta muller fala dende a experiencia, xa que leva anos de porta en porta por todas as estradas do concello. X.H. Rivadulla tamén conversa con Benedicta Saborido, unha muller que pasa dos oitenta anos e que dedicou toda a súa vida ao marisqueo. Deixou a profesión cando o corpo xa non lle permitía continuar. No restaurante Doña Teresa, encontramos a Pepe Freira, un mariñeiro retirado que traballou en mares de todo o mundo e que hoxe se dedica á pesca deportiva de forma profesional, alugando a súa embarcación para