Desde sempre os mariñeiros galegos tiveron espírito aventureiro. Con anterioridade, pesqueiros do norte de Galicia xa se aventuraban a pescar na costa que vai máis alá de Ribadeo ata o golfo de Biscaia. Pero foi en 1992 cando os mariñeiros de Portosín e Porto do Son decidiron ir tamén aos caladoiros do Cantábrico. Os barcos non estaban preparados, pero si os homes. O patrón e armador do cerco Pacucho Vidal foi o primeiro en tomar a decisión, secundado por Manuel Vázquez, que axiña viu unha boa oportunidade pesqueira. Sen pensalo, ambos os dous puxeron rumbo ao Cantábrico. O patrón maior de Santoña Marcelino Valle conta como nun principio os armadores cántabros e vascos eran remisos a admitir a frota galega. A día de hoxe, a harmonía entre as catro frotas que pescan nos caladoiros do Cantábrico, galegos, asturianos, cántabros e vascos, é total e considéranse unha única frota. Foi tamén unha aventura para as familias que quedaron aquí, como explica Carmela García, a muller de Manuel Vá